Xacarandaina demostrará que o baile e a música son Patrimonio no Colón

Xacarandaina demostrará que o baile e a música son Patrimonio no Colón
El Ideal Gallego-2015-03-26-011-51f3aa49

Henrique Peón comparaba o folclore cun carballo, ao que non se lle dá importancia porque nace só no monte, “pero cando ves unha carballeira, dis: pero que cousa tan marabillosa”. Por iso, se o mundo acendese bombillas alá por onde hai unha agrupación de baile e música galegos, o fenómeno lumínico extenderíase por toda a xeografía e o feito de que siga vivo é merecedor, segundo o experto, dunha distinción como a de Patrimonio Inmaterial da Humanidade polo que abarca e a trascendencia que ten.

Parte da culpa téñena asociacións como Xacarandaina, que levan 30 anos investigando na raíz sobre esas danzas capaces de reflotar páxinas de historia do país en movemento nun xeito de traballar que o director coreográfico tildaba de “casi científico”, e moi rigoroso para situar unha música nun lugar cun baile e unha ornamentación concreta: “Plasmamos todo o que os vellos nos transmitiron o máis fielmente posible”.

Nesta reivindicación da música e o baile galegos como Patrimonio están metidos todos os colectivos dos que forman parte sobre 20.000 persoas e aínda que actualmente traballan nunha comisión para redactar os textos cos que concorrerán ao Ministerio para que o floclore sexa declarado Ben de Interese Cultural, a segunda parte será ir até a Unesco. Para iso, Quique ve necesario concretizar a proposta.

Mentres van dando pasos na burocracia, Xacarandaina loitará tamén nos escenarios con espectáculos como o do sábado, ás 21.30 horas no teatro Colón. Para testar que este trozo de historia está vivo sairá a tocar a gaita Flor da Maquía, un músico da zona de Ordes que deseñou un sistema para soplar, e as pandereteiras de Arcos (Mazaricos) que son quen de tocar a fibra nun primeiro contacto: “Incorporamos xente das aldeas para que o público se dea conta de que é de verdade”. Nesa teima deseñan as últimas postas en escena.

Ademais de levar o folclore á rúa, Xacarandaina trata nas últimas montaxes de dignificalo a través dun guión e tamén dun envoltorio que poña sobre a mesa a importancia que realmente ten. Na asociación, ofrecen actividades formativas a preto de 700 persoas, “case como un colexio”,   que optan a maior parte delas polo canto, música, percusión e baile. Pola base dun colectivo que é consciente de que o galego “é un dos máis ricos de Europa”.

 

os irmandiños

Desa forma, continúan ampliando o repertorio e preparan para finais de ano un novo espectáculo inspirado na historia de Os Irmandiños. Sobre a distinción de Patrimonio, Peón cre que “merecer, merecémolo” porque “é algo que se fai en todo o mundo”. En Barcelona mesmo cóntanse até 14 centros galegos con cadansúa agrupación e en Bos Aires “é unha pasada”.

O do sábado será a súa primeira actuación reivindicativa, pero teñen pensado programaren actos en común coas outras asociacións de folclore. Para que o berro sexa unánime a favor de conseguir o recoñecemento europeo.

Xacarandaina demostrará que o baile e a música son Patrimonio no Colón

Te puede interesar