Outras actividades
Para público en xeral
+ 10 anos
25/03/2017
Xa rematou
Dende o 18/03/2017 ata o 24/03/2017
981184384
Sostenibilízate! Biblioteca Verde aínda máis verde. Comprométe e participa nas actividades intexeneracionais ao aire libre.
Biblioteca Verde, en colaboración coa Concellaría de Medio Ambiente, e con motivo do Día Internacional dos Bosques, organiza unha ruta interpretativa polo Río Mandeo ao seu paso por Betanzos e Coirós. Sen dúbida, un bo xeito de gozar dun percorrido pola arte e a cultura e descubrir os segredos da natureza no río Mandeo.
A Ría de Betanzos será o punto de partida, onde desemboca o Mandeo e se une co Río Mendo. Iremos percorrendo a parte urbana do río polo paseo da Ribeira, do Malecón, pasando pola Ponte Nova e pola Ponte Vella. Poremos rumbo río arriba pola senda que se adentra na parte de maior riqueza natural cara o Campo dos Caneiros para acabar chegando ao Coto do Chelo.
Ao longo do percorrido as persoas asistentes estarán acompañadas por persoal bibliotecario e polas persoas expertos de Puertas Afuera, que se encargarán de guiar e realizar as explicacións da actividade.
A dificultade da ruta é baixa e a súa duración estipulada é de 2 horas, aproximadamente, contando a ida e a volta.
As persoas adultas poderán asistir con nenos e nenas maiores de 10 anos, que tamén necesitan inscrición.
O desprazamento da Coruña a Betanzos, en autobús, será gratuito. Sairemos ás 9.30 horas de San Pedro de Mezonzo e regresaremos a ese mesmo lugar ás 14:30 horas.
Queres saber ...
É un programa das Bibliotecas Municipais que busca fomentar entre a cidadanía da nosa área de influencia prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dando a coñecer actitudes e comportamentos alternativos nos distintos aspectos da actividade humana.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible