PÁXINAS

lunes, 3 de abril de 2017

Joel López na selección galega e no campionato de España




Durante toda a tempada e parte da anterior, Joel López (número 66 na foto) , xogador do equipo alevín e infantil masculino de Escola de Baloncesto Galén Ensino, estivo participando en diferentes CETI e concentracións da selección galega de baloncesto, ata que  varias semanas atrais  nos chegou a confirmación de que Joel estaba entre os 12 escollidos para participar no campionato, todo un éxito para él, os seus compañeiros e compañeiras, e para nos, os adestradores e todos e todas que formamos parte deste proxecto deportivo educativo

Unha vez mais, e con esta van 3! xa que anteriormente participaron no campionato de España Maite e Catuxa (agora xogadoras infantiles), os nosos rapaces e rapazas poden gozar desta experiencia.

Non nos esquezamos que van 12 de toda Galicia, e un deles é Joel. Premio para o seu esforzo, para a súa implicación e a da súa familia, para o seu traballo a diario. Premio para o seu carácter gañador, polo seu espírito de superación, e para a súa capacidade de mellora. Premio polo seu traballo humilde e honesto que fai cada día de adestramento.

Premio para él e para toda a Escola de Baloncesto Galén Ensino. Sentímonos moi orgullosos de ti e de todos os compañeiros e compañeiras que forman parte dos equipos nos que adestras, sen o compañerismo e o traballo en equipo de todos e todas isto non podería ser posible.
Disfruta desta experiencia irrepetible!!

PARABÉNS JOEL!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario