Cristina Pato: «Nos Xoves de Códax a xente encontraráse a Sofía e a Cristina»

marina santaló

CAMBADOS

SANDRA ALONSO

A artista ourensá e Wöyza estarán hoxe nos Xoves de Códax para dar un concerto que vai máis alá da gaita e do hip hop

13 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Cristina Pato estará hoxe nos Xoves de Códax. Compartirá protagonismo con Wöyza.

-Acostumada a tocar en múltiples escenarios, ¿unha bodega é un lugar novidoso?

-Para min é moi bonito o feito de que sexa un concerto ao atardecer e ao aire libre. Tamén o tipo de producións que fan, que provocan que todo o público se sinta en familia. Ademais, vou a estar moi ben acompañada. É unha ocasión única para descubrir a unha artista galega que non coñecía antes de esta experiencia e que me resulta moi interesante.

-O de Wöyza é un estilo moi diferente ao seu...

-Si, son completamente distintos. Sen embargo e contraditoriamente, o máis bonito é ver como algo que parece tan diferente, ten tantas cousas en común. Únennos máis cousas das que nos separan. O amor pola poesía e pola música, a conexión coas músicas de Galicia e Estados Unidos. O feito de descubrila como artista e como emprendedora cultural fixo que me dera conta de que os límites os poñemos nós mesmos.

-Unha mestura que seguramente vai a sorprender

-Si a xente ven coa idea de ver a rapeira e a gaiteira, sorprenderase ao encontrar a Sofía e a Cristina. É un pouco do que vai o concerto, de quen e quen e como facemos para traballar xuntas. Vamos a facer unha actuación xuntas porque creemos que podemos facer algo interesante.

-Hip hop non, pero se hai algo que lle caracteriza é a facilidade para moverse nunha ampla variedade de estilos

-Si, levo toda a miña vida traballando miles de estilos diferentes. É un pouco o que guiou a miña carreira como gaiteira. Moverme en distintas linguaxes. Pero, o hip hop é unha linguaxe de palabras e eu son, sobre todo, instrumentista.

-O concerto chega pouco tempo despois de que lle concedan a Medalla Castelao, ¿cómo a recibe?

-Recibir un premio que leva o apelido Castelao, un dos grandes referentes da identidade cultura de Galicia, é un dos grandes orgullos da miña carreira. Tamén o feito de recollelo en persoa e facer o meu discurso, algo que me fixo volver a estudar a obra e figura de Castelao. Os premios hai que tomalos con agradecemento e cos pes na terra, porque esta carreira, como todas, sube e baixa.

-¿Da aí que desenrole outras actividades como a académica?

-Creo que é a educación que nos deu a miña nais as catro irmáns. Crecín coa idea de que cantas máis ferramentas teña, máis posibilidades terei de saír adiante. Eu o chamo o plan alfabeto, hai un plan a, b, c... Canto máis estire un a súa mente e as súas posibilidades, máis opcións terá de sobrevivir no que lle apasiona. No meu caso, xa van vinte anos dende Tolemia e agora estou máis centrada na vía académica. Podería dicirse que ao 60 %.