Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

eTwinning. 27th June

Queridas familias,

despois deste marabilloso curso onde os nenos e nenas de Segundo de Primaria e as súas familias estiveron acollendo nas súas casas mascotas de diferentes países europeos, chegou o momento de pechar non só o curso senón tamén o noso proxecto internacional “Travelling mascots. Looking for family all over Europe”.

E qué mellor que facelo cun vídeo? Despois de tantos vídeos que mandastes, do voso esforzo e adicación ás novas tecnoloxías era hora de que dende Galén  vos agasallaramos cun vídeo tamén. O vídeo que ides ver máis abaixo, recolle o noso “evento especial” que tivo lugar o día da Carreira da Auga, 19 de Xuño. Este evento consistiu nunha entrega dos certificados “eTwinning Pupil Quality Label”. Estes certificados son un recoñecemento as esforzo dos nenos e nenas que participaron no proxecto, o cal non houbera sido posible sen certos factores dende a vosa parte, da dos nenos e nenas e de todas as mestras involucradas neste proxecto. Trátase dun recoñecemento ao uso da lingua extranxeira coma instrumento de comunicación, á colaboración entre países da UE, aos vídeos e fotos que mandastes, ás horas de coordinación e múltiples sesións de Skype para preparar os intercambios e as actividades… todo o necesario para elaborar un proxecto tan fermoso coma este onde a cooperación e respecto hacia a propia cultura e a dos outros foi crucial en todo momento.

Unha vez máis, moitas grazas pola vosa colaboración. Sempre é un pracer contar con vos 🙂

IMG_8789

IMG_8788

Ola de novo familias,

hoxe imos compartir convosco as derradeiras aventuras de Pepee en Lugo!

Pepee foi pasar uns días con Hugo e Vania. Xuntos pasaron ratos divertidísimos e, como non, xogaron as famosas “Blade” unhas peonzas moi modernas e chulas.

HUgo and Pepee

Ademáis, Pepee tivo a sorte de dar un paseo polo fermoso río que temos en Lugo e así coñecer un chisco máis da nosa fauna e flora. Durante o paseo, Hugo descubriu cánto lle gustan a Pepee as flores e as follas. Voltaríase veganWho knows… hi,hi.

Manoel pasou a fin de semana cociñando e paseando con Pepee. Aproveitando a chegada dos primeiros raios de sol, prepararon todo para facer unha barbacoa! Foi unha experiencia deliciosamente única! Logo do churrasquiño, foron facer un pouco de exercicio. Manoel e Pepee pasearon por toda a localidade de Santalla, na Ribeira de Piquín, e gozaron da paisaxe. Pois xa sabedes que nesta época tan primaveral as cerdeiras están en flor e o río leva moita auga. Qué mellor momento para gozar da natureza?

Mano and Pepee

No seguinte vídeo, Manoel levanos a todos de tour por Santalla. Fantástico!

See you soon 🙂

Hi there!

Hoxe voltamos con novas aventuras! A derradeira semana, Pepee estivo nas casas de Manuel e Pablo.

Manuel e Pepee xogaron moito xuntos sobre todo as construcións, que é unha das cousas que máis lle gusta a Manuel.

Como tiñan tantas pezas decidiron construir algo ben grande! Manu amosoulle a Pepee como é a nosa fermosa Muralla Romana e Pepee construiu a coñecida basílica que se atopa en Estambul, o seu lugar de orixe: Santa Sofía de Constantinopla.

Logo de tanto xogo, chegou a hora da cena…e qué mellor cena que a feita polo Chef Manuel. Manuel aos fogóns e Pepee de assisstant prepararon unha cena digna de Estrella Michelín. Mágoa que non andivera un crítico gastronómico por alí.

pepee and manu

Pepee tamén estivo visitando a Pablo e á súa familia! Os dous xogaron durante moito tempo ao escondite. Era unha das cousas que Pepee tiña máis gana de facer con Pablo, sobre todo despois de ver o vídeo tan divertido de Dorokta, Pablo e Lola xogando ao escondite entre tantos peluchiños 🙂

Ademáis, Pepee coñeceu a Cartucho, unha das mascotas de Pablo. Tamén xogaron a videoxogos mentres que a cena non estaba lista.

Pablo and Pepee

Por certo, dechesvos de conta do asento-panda tan chulo que ten Pepee? Logo de tanta aventura e coidados non sei eu se estará moi de acordo en marchar….

See you soon 🙂

Ola de novo familias,

os nenos e nenas de Segundo de Primaria do centro Galén continuamos co noso proxecto internacional eTwinning.

Como ben sabedes, Pepee é a mascota que está a visitar a nosa cidade actualmente. As últimas aventuras de Pepee tiveron lugar en Portomarín e en Abrigueiro.

Lúa quedou con Pepee en Portomarín. Pepee tiña moitas ganas de coñecer Portomarín para poderlles contar aos nenos e nenas de Turquía máis cousas sobre a nosa terra e, como non, sobre o mundialmente coñecido Camiño de Santiago. Despois de buscaren por distintas zonas do pobo e de preguntar aos peregrinos que por alí pasaban, Lúa e Pepee reencontraronse cunha cálida aperta. Pero sabedes o máis chulo do seu viaxe a Portomarín? O vídeo musical que grabaron!! Sí, sí prestade moita atención porque o hit que Lúa interpreta no seguinte vídeo estará no top 10 das cancións do verán.

Acaso non é pegadizo? Qué ben Lúa! Vaia artista estás feita 🙂

Ademais, Lúa e Pepee estiveron con Ío no parque de Portomarín e  na casa, onde Lúa lle amosou a Pepee o seu equipamento para esquiar xa que ela tamén e súper deportista!

Lúa and Pepee

Pepee tamén  visitou a casa de Aroa. Alí coñeceu a Michi a famosa gatiña de Aroa da que xa escoitara falar en numerosas ocasións. Aínda que como ela ben di, ten outra gata máis e dous cadeliños. No seguinte video, Aroa cóntanos moitas cousas sobre ela. Coñecerédela tan ben coma para saberen todas?

Qué ben, Aroa! Aos nenos e nenas de Turquía vailles encantar coñecerte despois dunha presentación tan estupenda!

Ademáis leron contos, xogaron moito, tocaron o piano e até foron á Coruña de paseo! Alí pasearon gozando dista marabillosa cidade e mesmo foron de compras. Qué sorte ten o noso Pepee que pode visitar non só o noso cole e a nosa cidade senón tamén outras cidades da nosa Comunidade.

Aroa and Pepee

See you soon 🙂

 

Hi there!

A semana pasada Pepee estivo moi atarefado: visitou as casas de Jairo, Nuno e Miguel!

Jairo and Pepee

Jairo e Pepee fixeron mooito deporte xuntos. Non só facendo un bó entreno a base de pesas senón tamén montando unha cama para Pepee. Foi moi divertido montar a cama xuntos. Están feitos uns “manitas”. Dádelle ao play! Jairo explícavos o que está a facer moi ben 🙂

Nuno recibiu unha super sopresa o mércores á tarde! Estaba tan tranquilo lendo un conto no sofá cando alguén chamou á porta. Sabedes quen era? Claro! Pepee! Vaia sorpresa! Nuno recibiuno con moito agarimo e amosoulle o seu fogar. Tamén lle presentou a Cutí quen estaba preparando uns canapés para picar todos xuntos máis tarde.

Unha vez que Pepee xa estaba asentado, comezaron a xogar cos Legos de Nuno! Estiveron xogando até a hora da cea. Qué bó estaba o ovo. E as salchichas E as pipas. A Pepee encántalle toda a comida española!

IMG_6250

Logo de cearen, leron unha historia super divertida de Mortadelo e Filemón para prender ben o sono. Nighty night 🙂

Miguel e Pepee pasaron a tarde practicando un baile que está moi de moda. Miguel é un profesional deste baile pero a Pepee levoulle un chisquiño máis aprendelo. Fixádevos que baile tan divertido!

Tan cansos quedaron de bailar que foron directamente á cama. Ao día seguinte, despois dun riquísimo e enerxético almorzo, enfeitáronse para ir ao cole. Había tanto que contar…

Miguel and Pepee

Antes de despedirnos, queremos deixarvos aquí unha imaxe do artículo que fixo o periódico El Progreso o pasado venres dezaseis de Marzo sobre o noso proxecto internacional “Travelling mascots”. A eles e a elas gustoulles moito verse na prensa. E a vós?

5fa644c3-562f-4594-bbce-7b56c0b99503

See you soon 🙂

Lots of love!

 

Good morning eTwinners!

Temos unha moi boa noticia para compartir convosco. O noso proxecto internacional “eTwinning. Travelling mascots. Looking for a family all over Europe” foi recoñecido pola Comisión Europea de Innovación Educativa e, como recoñecemento, recibimos un diploma chulísimo que podedes ver no tablón de noticias na entrada do noso centro 🙂

certificate

Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración xa que sen vós este proxecto non tivera sido posible.

See you soon!

 

Ola de novo,

hoxe queremos compartir convosco as primeiras aventuras de Pepee en Lugo!

O primeiro sitio que Pepee visitou, despois de pasar o seu periodo de adaptación en Galén, foi a casa de Gabriela. Alí coñeceu a Natalia e Antonio, os pais de Gabriela, quenes lle ensinaron moooitas fotos que tiñan dunha viaxe que fixeron a Turquía fai uns anoss. Pepee tamén coñeceu a Thiago e Hernán, os irmáns de Gabriela. Cánto xogaron os tres!! Cántas veces baixarían por ese tobogán tan chulo que teñen no salón??

Gabri and Pepee

Pero sabedes o que máis impresionou a Pepee? O segredo mellor gardado da nosa Gabriela: super poderes!! Non, non! Non estou de broma……mirade o video 😉 É estupendo!

Mateo e Pepee tamén gozaron moito xuntos! O primeiro que fixeron foi tocar a guitarra eléctrica e a batería. Todo foi idea de Pepee pois xa coñecía a faceta de músico que ten Mateo despois de velo nos vídeos dende Francia, o último país que visitou antes de chegar ao noso. Logo foron xogar e completar o caderno de Pepee con moitas fotos deles dous xuntos, debuxiños e frases en inglés que nos explican todo o que fixeron.

Lembrade mirar o caderno de Pepee cando visite as vosas casas, está a quedar xenial!

Mateo and Pepee

Ademáis dos collage no caderno e das fotos que vedes arriba nas que vemos como Mateo e Pepee se preparan para ir á cama tras un longo e cansado día, Mateo tamén preparou un vídeo no que lle da a benvida á súa casa. Fantástico!

Thank you very much for your collaboration with our international project.

See you soon 🙂

Hi everyone!

Hoxe queremos compartir convosco as aventuras que Dorokta e o seu pequeno amigo Dragon viviron con Manuel e Hugo.

Manuel levou a Dorokta de paseo pola nosa Muralla Romana. Todo un privilexio ter un guía tan especial e con experiencia para coñecer a cidade de Lugo! Dende a Muralla, Manuel amosoulle a Dorokta e a Dragon algúns dos lugares máis especiais e coñecidos da nosa cidade coma a Catedral, o Fogar Provincial Santa María ou a Mosqueira da Muralla. Tantos lugares visitaron e tanto pasearon pola nosa marabillosa cidade que logo foron á casa a tomar unha boa cea e descansar moooito para voltar ao cole cheos de enerxía!

Mirade que fotos máis chulas nos manda Manuel 🙂

Manu and Dorokta

Hugo, Dorokta e Dragon optaron por un plan máis caseiro. Os tres quedaron a xogar na casa e Dorokta e Dragon coñeceron moitos outros amigos xoguetes. Foi xenial compartir tantos ratos de xogo os tres xuntos. A verdade é que na casa tamén se pode pasar moooooi ben e ademáis está un quentiño! Có frío que vai fóra estes días….brrr

Moitas grazas Hugo por compartir todos os teus fantásticos xoguetes cós nosos amigos polacos e por coidalos tanto.

Hugo and Dorokta

Antes de despedirvos, queremos darvos unha super sorpresa! Sabedes que chegou a Galén o pasado luns?

Será Fluffly dende Francia? Ou Jastus?

image_6483441 (1)

Pois non! É Pepee dende Turquía! E non chegou él soíño. Pepee trouxo unha bolsa de caramelos franceses para compartir cós nenos e nenas de Segundo de Primaria! Cántas cousas aprenderemos do seu país e de todos os países nos que xa estivo de visita! Qué emocion!

Lembrade mandar as últimas fotos de Dorokta coas vosas fillas e fillos pois Pepee comeza as súas visitas este venres! É dicir, maña!

Gozade moito con Pepee, pode que seña o último en visitarnos este curso. Ou non?

See you soon 🙂

Ola de novo familias,

Dorokta e Dragon continúan coas súas aventuras lucenses. Esta semana estivo de visita na casa de Mateo e de Lúa. Cánto gozaron todos xuntos!

Mateo e Dorokta pasaron toda a tarde tocando a batería. Vaia banda poderían facer os nenos e nenas de Segundo de Primaria con todos os instrumentos que saben tocar. Hai nenos e nenas que até tocan dous instrumentos, coma Mateo, quen toca a batería e a guitarra eléctrica. Logo de tanto exercicio fóronse lavar un pouquechiño. Pero non pensedes que foron á ducha ou a bañeira…laváronse na lavadora!! Tantas voltas deron que ao saír tiñan un “look” revolucionario.

Mateo collage

Dorokta e Dragon tamén estiveron con Lúa en Navallos. Alí xogaron moito con Ío, a irmá pequena de Lúa. Tamén leron xuntas moitos contos da serie dos Bolechas e mesmo foron ao galiñeiro recoller ovos fresquísimos! Esta foi a parte favorita de Dorokta xa que un dos seus pratos favoritos é a tortilla española!

Lúa

Non deixedes de ver o video. Nel Lúa lévanos de tour por unha “traditional Galician house”, que resulta ser a súa! Qué sorte vivir nun lugar tan privilexiado!

Gustouvos a banda sonora? É xenial.

Agardamos que esteñades a gozar deste proxecto tanto coma nós!

See you soon 🙂

Hi everyone,

A pasada semana Dorokta tivo unha semana moi intensa pois foi visitar as casas de Nuno, Pablo e Gabriela! Queredes ver o ben que o pasou? Seguide lendo!

Dorokta pasou una marabillosa tarde na casa de Nuno. Pero non pensedes que alí estaba só Nuno. Vaia sorpresa levou Dorokta cando soupo que Conchi, a mamá de Nuno, tamén ía levar a Hugo, Lúa e Ío  para a súa casa. Foi unha tarde chea de xogos e risas. Pasárono pipa!

Nuno

Cando as amiguiñas e amiguiños de Nuno marcharon, aínda tiveron tempo para compartir moitos segredos e desfrutar dunha sesión de deberes, dunha divertida serie no sofá antes da cea e mesmo  dun conto que deixou a Dorokta e Dragon coa boca aberta:”Mariluz  Avestruz”.A quen se lle ocorre meter a cabeza dentro da terra! Vaia lío Mariluz!

Dorokta tamén o pasou moi ben na casa de Pablo. Alí había tantos tantos bonecos que a Dorokta, como é algo fedella, se lle ocorreu esconderse no medio deles. Menos mal que estaba Lola para botar unha man!Que divertido!!

Ademáis, Pablo e os seus irmáns fixeron un video chulísimo para que todos os nenos e nenas da clase de Dorokta en Igolomia, Polonia, os coñezan. Nice to meet you guys 🙂

Gabriela fixo un video no que nos explica cun inglés absolutamente native-like os aspectos máis característicos da nosa cidade pasando dende os nosos monumentos máis representativos e gastronomía até o Arde Lucus. Querédelo ver? Pos dádelle ao play. É xenial!

Paréceme a min que o próximo verán Lugo vai estar cheo de turistas polacos despois de ver o teu video, Gabriela!

Moitas grazas pola vosa colaboración. Vémonos moi pronto.

See you soon 🙂

Hola familias!

A nosa porquiña favorita xa fixo as primeiras visitas á nosa terra! Comezou coñecendo un pouquiño de Galicia da man de Aroa e Manoel que lle amosaron os seus lugares favoritos: Abrigueiro e Pousada.

Nada máis chegar a Abrigueiro, Aroa e Dorokta prepararon un banquete moi especial para os seus compañeiros e compañeiras do cole. E vaia banquete!! Alí había hot dogs, xeados, Doritos…quen podería resistirse! Foi a mellor forma de repoñer forzas depois da visita ao muíño de Friol. A parte favorita de Dorokta foi preparar a mesa con Aroa e Carmen, a mamá de Aroa, con quen estivo falando durante horas a carón do lume xa que Carmen fala inglés moi moi ben e, como sabedes, Dorokta non fala castelán nin galego.

Aroa and Doro collage

Ademáis de estar en Abrigueiro, Aroa levou a Dorokta á Coruña onde patinaron sobre xeo despois dunha divertida viaxe en coche. Non deixedes de ver o video para gozar con todas as súas aventuras! Pero téñovos que advertir que o video ten efectos secundarios. Pode que cando o acabedes de ver sintades necesidade de xogar a un videoxogo moi coñecido ou…quen sabe? Incluso pode que vos apeteza máis arranxar ou desatascar as tuberías da casa 😉

Manoel levou a Dorokta a Pousada. Alí amosoulle a granxa dos seús avós. Para Dorokta foi unha visita moi especial xa que puido xogar con moitos animais e ata rebozarse na lama cuns porquiños que Manoel lle presentou. Pero nin porquiños nin vaquiñas! Para Dorokta e o seu compañeiro Dragon, o momento máis especial da fin de semana foi poder celebrar o cumpreanos de Manoel. Imaxinade cántas veces lle cantarían a canción de cumpreanol! En galego, castelán, inglés, polaco…

Mano and Doro collage

Non deixedes de ver o tour que Manoel nos fai da granxa dos seus avós! Vaia visita tan especial e en inglés! Qué marabilla 🙂 Xenial Manoel!

Hi eTwinners!

Hoxe voltamos a Galén despois dunhas vacacións moooi máxicas e divertidas!Foi un día de moita emoción pois volvemos ver aos nosos compañeiros e compañeiras despois de tanto tempo e con moitas cousiñas que nos contar.

Entre contos e risas atopamos unha nova caixiña! Cando a vemos, xa soubemos de qué se trataba! Qué emoción! Quen viría visitarnos? Peppee dende Turquía ou Fluffy dende Francia?

Dorokta dende Polonia!! Vaia sorpresa! Os nenos e nenas de Segundo de Primaria non contabamos coa chegada dunha porquiña tan linda!

A partires do venres, Dorokta virá visitar as nosas casas tal e como facía Probi: quedarase con nós dúas noites e case tres días. Cántas aventuras! Cánto imos gozar!

Nós polo de agora xa comezamos a investigar algunha cousiña sobre Polonia coa nosa profe Mar e mandamos algunha foto e vídeo aos nenos de nenas da clase de Dorokta en Polonia coa nosa profe Selene.

Dorokta arrived

See you soon 🙂

Hello everyone,

A semana pasada Probi estivo nas casas de Aroa e Mateo, queredes ver que ben o pasaron?

Aroa ensinoulle a Probi o seu fogar, que se atopa nun fermoso lugar chamado Abrigueiro na parroquia de Friol. Alí, como teñen tanto campo, tiveron moito espazo para xogar e correr! Probi coñeceu ao gato de Aroa, Michi. Probi quedou prendado de Michi. Sabedes por qué? Porque Michi ten uns ollos moi especiais! Dádelle ao “play” e veredes o ben que Aroa describe eses olliños tan especiais que Michi ten.

Ademáis de xogar con Michi, Probi e Aroa fixeron moitas máis cousas xuntos: merendaron, leron unha historia e mesmo deron un concerto de piano! Vaia artista que es, Aroa! Que ben tocas o piano 🙂

Aroa and Probi collage

Probi tamén tivo a sorte de pasar uns días con Mateo. Sabedes que foi o que máis lle gustou a Probi de Mateo? O ben que toca a guitarra eléctrica! Sí, sí, resulta que Mateo é todo un roqueiro! Taan ben o fai, que non só tocou algúns dos clásicos de AC/DC senón que tamén lle fixo unha canción a Probi! Quén fora Probi! A vós non vos gustaría que vos fixeran unha canción?

Mateo e Probi tamén xogaron moito! Saltaron e saltaron toda a noite ata que quedaron rendidos de tanto chimpo! Foi tan divertido! Por certo, sabíades que Mateo ten un cadeliño que se chama Roof? É un cadeliño moi boíño e simpático mais algo fedello…Sabedes por qué? Quería comer a Probi!!!

Mateo and Probi

Como ben sabedes, as aventuras de Probi están a rematar en Galén xa que os nenos e nenas de Igolomia, un pequeno pobo en Polonia, están esperando por ela. Cal será o noso novo ou nova amig@? De onde virá? De Francia? De Turquía? De Polonia? Quen sabe! Permanecede atentos!

Hi there!

Hoxe imos contarvos as aventuras de Probi con Hugo e Manoel.

Hugo e Probi xogaron moitísimo! Sabedes cal foi o xogo co que máis gozou Probi ? O partido de fútbol. E iso que cun porteiro tan bó coma Hugo, foi moi difícil marcar un gol.

Pero ademáis do partido, Hugo e Probi xogaron a moitas máis cousas! Non sen antes, claro está, merendar unha miguiña! Esta Probi ten sempre tanta fame…

Hugo ten uns xoguetes chulísimos que non dubidou en compartir coa nosa famosa tartaruga: xogaron con Doraemon, Bob Esponja…xogaron tanto tanto que tiveron que marchar para a cama moi cediño! Nin tempo para conto tiveron, estaban super esgotados!

Hugo and Probi

Manoel e Probi foron de compras para tentar calmar a fame de Probi!

Xa no supermercado, Manoel ensinoulle a Probi algúns dos nosos productos máis típicos: botelo, xamóns, repolos…pero Probi non se decidía!  Pasaron logo polo corredor dos lácteos en busca dos iogures gregos pois como Probi ven de Grecia, de seguro os coñecería e comería de moi boa gana. Mais tampouco lle apetecían… Buscando a mellor comida tamén se entretiveron mirando algún xoguete pero nada lle gustou máis que…. a comida de tartaruga!! Yummmy!

Mano and Probi collage

Outro día, Manoel levou a Probi á casa de seus avós, na terra chá. Teñen moitas vacas! Alí puxéronse mans á obra e axudaron moito a prepararlles a comida e ata acariñaron a un becerriño pequeno! No video, podedes ver as vaquiñas e tamén ó cadeliño dos avós de Manoel, que coida de todas elas.

Hello!

Esta semana Probi estivo a pasar uns días con Nuno e Gabriela.

Nuno levou a Probi a pasear preto do río. Pero non foron sós. Levaron unha amiga moi especial: a cadeliña de Nuno! Queredes saber como se chama? Atentos porque cun fermoso sorriso non só nos presenta á súa cadeliña, senón tamén a Probi. Por se houbera alguén por ahí un pouquechiño despistado!

Unha vez xa feitas as presentacións, foron gozar do marabilloso entorno natural que temos en Lugo. Correron, escalaron, xogaron…e sobre todo o pasaron pipa!

Pero sabedes que? Unha sorpresa agardaba a Probi na casa! Sí, sí! Resulta que un dos irmaos maiores de Probi estaba a vivir con Nuno na súa casa!

Qué gusto escoitar un conto tan quentiños na camiña. Así durme calquera!

 

Nuno

Gabriela tamén optou pola natureza. Como gran aventureira que é, non dubidou en ensinarlle a Probi un tramo do camiño máis coñecido do mundo: O Camiño de Santiago. Probi foi tratada coma unha tartaruga VIP e ata gozou dun concerto de violín durante a travesía! E non pensedes que era unha versión dalgunha canción xa coñecida, Gabriela é, ademáis de música, compositora!

No seguinte video poderedes gozar do seu concerto e das súas aventuras polo Camiño.

Despois de tanto paseo, e tendo en conta que Probi xa fora de ruta tamén con Nuno, xa era hora de estar tranquilos e descansando na casa. Alí Probi quedou prendada de dous raparigos mooooi lindos: Hernán e Thiago, os irmáns de Gabriela. Os catro xuntos puxeron a casa patas arriba! Xogando alí e acolá. Incluso tomaron té! Sí, sí! Coma a mesmísima Raiña de Inglaterra!

Gabi and Probi

See you soon 🙂

 

Hi there!

Unha semana máis estamos convosco para vos contar as aventuras que Probi está a vivir cos nenos e nenas de Segundo de Primaria.

Esta semana Probi estivo con Manuel e Pablo. Queredes ver todo o que fixeron? Seguide lendo!

Manuel levou a Probi de visita turística pola nosa cidade. Que sorte tiveche Probi! Cun guía tan divertido…calquera non quere aprender cousas sobre Lugo!

Manuel ensinoulle a Probi todo o casco antigo: a Praza Maior coas súas características estatuas romanas, a Catedral, o Museo Provincial e mesmo tiveron tempo a pasear pola nosa famosa Muralla Romana. En patinete!! Vos si que sabedes sacarlle o máximo partido á nosa cidade, chicos.

Manu-probi

Pero non todo ía ser coñecer Lugo. Manuel tamén quixo ensinarlle a Probi o lugar onde traballa a súa mamá: unha farmacia súper chula! Estade ben atentos. Qué ben nolo explica!

Ademáis de pasar uns días con Manuel, Probi tamén foi coñecer a familia e o fogar de Pablo. Sabedes onde vive Pablo? Abride ben as orelliñas 🙂

Entendestes? Pablo vive en Rábade e con moito agarimo, foille ensinar a Probi o lugar máis característico do lugar onde vive: a Ponte que pasa sobre o Río Miño. Qué ben o fixeches Pablo! Que pronuncia tan fantástica.

Probi tamén fixo novos amigos en Rábade. Sí, sí, alí coñeceu ás mascotas de Pablo: Cartucho e Donatelo! O que menos contaba Probi era atopar unha irmá xemelga tan lonxe da súa casa. Qué risas cando se viron por primeira vez e qué ben o pasaron xogando os catro xuntos toda a tarde.

Pablo Probi

Agardamos que o estedes a pasar xenial coas aventuras de Probi, Moitas grazas a todas e todos por axudarnos a levar a cabo este proxecto.

Boa semana!

See you soon 🙂

Hi everyone!

Como ben sabedes, Probi está a pasar uns días en Galén e nas casas dos nosos nenos e nenas de Segundo de Primaria!

Hoxe queremos compartir convosco as aventuras de Probi na casa de Miguel e Lúa!

Miguel-probi

Miguel e Probi pasárono en grande facendo deporte e xogando moito! Primeiro foron montar en patinete. Non sen tomar antes unha enerxética merenda que lles deu a forza necesaria para facer unhas piruetas increíbles. Que divertido! Ademais, Probi fixo moitos novos amigos na casa de Miguel. Fixádevos na foto! Que ben o pasaron xogando todos xuntos 🙂

Lúa e Probi tamén xogaron moito xuntas! Sabedes onde? En Lousada! E sabedes que fixeron ademáis de xogar? Un lume para estaren moi quentiñas e relaxadas!

Lúa e a súa familia tamén cociñaron para Probi receitas típicas do noso país para que ela saiba o que comemos aquí e llelo poida contar aos seus compis gregos. Como Lúa ben di: delicious!

Despois dunha típica Spanish omelet, Lúa e Probi escribiron cousas sobre Lugo no diario de Probi para que os nenos e nenas da súa clasepoidan coñecer algo máis da nosa cidade.

Lúa-Probi

Probi tamén coñeceu a Ío, a irmá pequena de Lúa e á  súa gata. Xuntas pasaron un rato moi agradable de risas no sofá. Ademáis, gozaron do doce sabor duns churriños con chocolate e dunha boa historia ao lado do lume. Que días tan relaxados! Que sorte ten Probi cos nenos e nenas de Galén que tanto a queren e coidan 🙂

 

Ola de novo!

Os nenos e nenas de Segundo de Primaria estamos moi contentos! Probi acaba de chegar a Galén!

Ademáis da tortuga, os nosos amigos e amigas de Grecia mandáronos moitas cousas para investigar e coñecer o seu país: postais, calendarios, fotos… Mirade cómo nos gustaron!

unnamed (4)

Agora, a nosa misión é ensinarlle a Probi moitas cousas sobre Lugo, Galicia e España para que lle poida contar todo á súa familia cando volva a Grecia. Dende este venres, os nenos e nenas de Segundo de Primaria, levarán a Probi con eles e sacarán moitas fotos e videos que despois compartiremos neste blog.

Enjoy 🙂

Ola familias,

hoxe traémosvos unha noticia internacional! Os nenos e nenas de Segundo de Primaria están participando nun proxecto de eTwining. Pero…antes de nada, que é eTwinning?

O programa eTwinning é unha iniciativa da Comisión Europea encamiñada a promover o establecemento de escolas xemelgas e o desenvolvemento de proxectos de colaboración a través de Internet entre dous ou máis centros de países europeos diferentes sobre calquer tema do ámbito escolar acordado polos participantes.

No caso dos nenos e nenas de Segundo de Primaria de Galén, o proxecto trata dun intercambio de mascotas de clase no que participan seis escolas de diferentes países europeos: Polonia, Grecia, Turquía, Francia e España. As mascotas, no noso caso Mike The Lion, viaxarán polos cinco países onde serán recibidos por unha familia de peluchiños que vive en cada un dos centro escolares. As mascotas permanecerán nos distintos países entre un e dous meses de maneira que cada un dos nenos e nenas de cada clase poida levar á mascota para a súa casa e ensinarlle un pouquechiño da cultura e do país que está a visitar.

Durante esas estancias, sacaremos moitas fotos e gravaremos videos que poderedes ver na nosa páxina, no apartado de noticias.

Pero…por que eTwinning? Que é o que imos a traballar e aprender con este proxecto?

  • Desenvolver as habilidades de lectura e escritura en inglés que comezamos o ano pasado có uso da metodoloxía Jolly Phonics.
  • Empregar unha linguaxe máis espontánea a través da comunicación con iguais con videos e videoconferencias.
  • Mellorar as habilidades relacionadas coas novas tecnoloxías de maneira colectiva e individual.
  • Fomentar a creatividad coa produción de debuxos, textos, fotos e videos coas mascotas.
  • Concienciar da importancia do uso do inglés en contextos reais e como forma de comunicación fóra da aula.
  • Coñecer outras culturas e promover o respeto cara ás mesmas e a propia.

En canto á posta en práctica do noso proxecto, polo de agora xa fixemos un video para presentarnos aos nenos e nenas dos diferentes países europeos implicados nel. Que ben o facemos! E que emoción cando vimos aos outros nenos e nenas contándonos cousas sobre eles e elas!

Mike The Lion tamén fixo un video para presentarse e que os nenos e nenas de Polonia, primeiro país que vai a visitar, saiban moi ben as cousas que lle gustan. Sobre todo no tema da comida! Ten unha fame felina!

Agora que xa temos todo listo, só queda desexarlle unha boa viaxe e que nos mande moitas fotos e videos das súas aventuras polacas! Have a safe journey Mike!

bye

Guardar