El teatro Rosalía de Castro ha abierto su palco de presidencia a los vecinos. El Gobierno local ha dado orden de que las seis butacas reservadas a las autoridades se pongan a la venta para que todos los vecinos puedan acceder a ellas.

El director del teatro, Xosé Paulo Rodríguez, asegura que se ha retirado el mobiliario que había en este palco, que está en el primer piso y que cuenta con "el mejor punto de visión" del escenario, para no dañar el patrimonio municipal. En su lugar se han colocado butacas como las que hay en el resto del teatro, para que puedan ser ocupadas por los espectadores.

Es la primera vez, según Rodríguez, que se sacan a la venta las entradas de este palco -que antes solo se abría por orden de Alcaldía- y estuvieron al completo en la primera función de esta nueva temporada. No es la única renuncia que el Gobierno local ha hecho en este periodo, ya que ha eliminado las entradas de protocolo que tenía asignadas para algunas de las funciones de los sábados.

"Es un paso importante para la democratización cultural", explica el director del teatro. Son solo seis sillas, pero son las que mejor visión ofrecen a los espectadores y, hasta ahora, su acceso estaba vetado al público general.

Agentes culturales de la ciudad analizan en este reportaje la situación actual del sector en el que trabajan. Hablan de las fortalezas, de la crisis, de los errores cometidos, de las oportunidades del presente y los retos del futuro. Y es que, la programación cultural ha ido cambiando con el paso de los años y se enfrenta a la irrupción de las nuevas tecnologías y a su aplicación en el ámbito cultural.

En el programa con el que Marea Atlántica se presentó a las elecciones municipales, tenía un apartado específico para la cultura. En uno de sus puntos abogaba por la creación de un observatorio o un laboratorio cultural dentro de las instalaciones municipales donde los creadores pudiesen desarrollar sus proyectos e investigar en el ámbito de la cultura. En los deberes por hacer, Marea incluía también el desarrollo de un plan para revitalizar las bibliotecas, así como de un proyecto municipal para fomentar la lectura, al que estarían invitados no solo los colectivos sociales sino también los que abordan la lectura desde la iniciativa privada, como las librerías.

Marea recogía también en su programa la dinamización de los centros cívicos con fines culturales, así como la activación de un plan de residencias artísticas y que los creadores locales tengan más presencia en la programación. El programa electoral apostaba también por la apertura de la Orquesta Sinfónica de Galicia a la ciudad, para que sus proyectos formativos tuviesen más impacto en los vecinos. La última de las propuestas de este apartado era la de ampliar la programación del festival de cómic Viñetas desde o Atlántico.

►Xose Paulo Rodríguez, director do teatro Rosalía de Castro. Para o director do teatro Rosalía de Castro, Xosé Paulo Rodríguez, o panorama cultural da Coruña é un “referente” para outras cidades, pola súa “oferta”. Considera que o cambio no Goberno local é “unha oportunidade” para desenvolver a “prestación dun servizo básico”, como é a cultura.

“Hai cousas que se facían moi ben e hai que mantelas, pero hai que implementar tamén outras que se poidan mellorar. Iso si, non pode ser todo e xa”, explica Rodríguez, que avoga por parar para “pensar e para facer unha estratexia a longo prazo, con prioridades”. Sobre o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) ao que pertencen o Rosalía e o Coliseum, entre outros espazos, considera que deben ser tratados de xeito independente para complementar a programación e porque “o que funciona nun sitio, non o fai noutro”. Rodríguez cre tamén que “cómpre centrar a atención no público minoritario e que haxa plataformas para eles”, e pon o exemplo da programación expandida do ciclo de danza contemporánea TRC Danza. “Hai que seguir avanzando en expresións avanzadas e contemporáneas sen esquecer a fidelización do público que xa temos”, resume.

►David Barro, director da fundación Seoane. Considera que o principal reto da cultura coruñesa é “conseguir traballar en rede”, integrando ás institucións e a outros ámbitos como o turismo. As concellerías, considera, habitualmente son “fronteiras cando deben ser ventás”. Á cidade seríalle doado situarse como unha cidade de “proxección cultural”, posto que conta cunha infraestrutura cultural “magnífica” e unha das mellores de España, contando tanto os espazos públicos como os privados. Pero para avanzar, explica Barro, é “imprescindible” que os responsables cidadás entendan a importancia da cultura como valor formativo e turístico, e conformen “estratexias comúns”. A crise tamén afectou. A fundación dispón actualmente de “menos da metade dos cartos que había para programar anos atrás”, pero, segundo explica, “iso non significa unha diminución de recursos”. O apoio e o respecto á programación por parte do padroado, sen inxerencias políticas, “é un recurso máis importante que os cartos”, di o director.

Na Coruña, opina o responsable da fundación Seoane, a cultura é accesible aos cidadáns, pero sinala que o interese ten que ser “recíproco” entre os responsables da oferta e o público. Poñendo como exemplo á institución que lidera, explica que unha persoa que visite a fundación con asiduidade “gozará moito máis das achegas da cultura contemporánea”.

Os diferentes eidos da cultura non chegan aos coruñeses do mesmo xeito, segundo Barro. Unha das carencias, que se está paliando en opinión do director con proxectos como CIDEA, ocorre na difusión do deseño gráfico e industrial. Outra iniciativa positiva será a creación do Arquivo de Creadores de Galicia, un proxecto híbrido de deseñadores, arquitectos e artistas. No tocante ao recente cambio de Goberno municipal, Barro destaca que “no aspecto protocolario todo é máis fluído”e “o respecto e apoio é máximo” tanto con esta corporación como coa anterior.

►Pepe Doré, propietario del club Garufa. Para Pepe Doré, de la sala de música en vivo Garufa, en A Coruña hay suficiente infraestructura cultural, pero sería necesario “reencauzar” las programaciones de los espacios disponibles, regularizar el sector “al máximo” y evitar intrusismos. Sí que considera que falta “cultura de asistir” a los conciertos, puesto que la ocupación de las salas es baja, y cree más necesario que aumentar los espacios “educar y crear esa necesidad de cultura en la gente”. Como punto positivo señala la que A Coruña está produciendo “una cantidad de músicos impresionante y con una preparación que nunca se ha visto, que a corto plazo nos dará mucha presencia a nivel nacional”.

Doré considera que el principal problema actualmente de la música coruñesa afecta a toda España: el IVA del 21%, está dejando al sector “totalmente muerto”. También reclama que se incorpore la música como arte escénica, y que la Xunta cuente con las salas de música en vivo como interlocutoras en la elaboración de su nueva ley de espectáculos. Es “optimista” con la nueva corporación municipal, que “tiene intención de dialogar” y a la que le reclama “estar en contacto permanente con ellos para conseguir que esto evolucione a mejor”. La comunicación, considera, no fue tan fluida con gobiernos anteriores.

►Valentín Rodríguez, gerente del teatro Colón. Cree que A Coruña vive un “boom de eventos” y considera que el principal problema es el “exceso de oferta”, que provoca que haya butacas que apenas se aprovechen y bajen las medias de ocupación. En su opinión, es necesario aumentar la “especialización” de los diversos espacios, que se va dando espontáneamente “poco a poco” pero que debería ser “planificada”. La principal fortaleza cultural de la ciudad, cree, es su “oferta variada”, que se corresponde, además, con la existencia de “público para todo”.

La crisis, en opinión del gerente, influye de dos maneras: el público tiene menos disponibilidades de dinero, y, sobre todo, existe “un déficit de partidas presupuestarias adecuadas para los recintos culturales”, que, junto con la actual tasa de IVA, hace que los recintos tengan dificultades para “salir adelante”. La relación con el actual Gobierno municipal, como con el anterior, es “buena”, y le pide a la administración que “se mire ningún recinto de la ciudad como un hecho aislado: todos los recintos nos interrelacionamos”. También reclama que se dote a los espacios de partidas presupuestarias, puesto que ello redunda en “la calidad de cara al servicio que se pueda prestar al ciudadano, que al final es el dueño de los recintos”.

►Carlos Sante, voceiro da asociación Manicómicos. Para Carlos Sante, da asociación Manicómicos, é necesario facer “un traballo de base e de apoio á canteira a todos os niveis” para visibilizar o traballo do “gran colectivo artístico da cidade”. Cre que a dotación de infraestruturas se pode “incrementar moito máis” e que se debería abrir a colectivos culturais, “con sentidiño”, o uso de espacios como o teatro Rosalía ou o Fórum no periodo estival. Tamén pide fomentar a interacción entre o público e os artistas e axudar aos que quedan fóra dos circuitos comerciais. Estes anos de crise, explica, houbo iniciativas “moi interesantes” como a da Casa Tomada, pero a oferta cultural da cidade “baixou bastante” e as administracións diminuiron os seus orzamentos adicados á cultura. Considera que a crise fomentou “unha nova creatividade para pasar por riba dela”, pero que os artistas están actualmente “nun mundo de búscate a vida”.

O principal valor da Coruña no eido cultural, opina Sante, é “a xente en si”. Hai un colectivo grande, pero, admite, “tampouco estamos moi unidos”, polo que outra cousa á facer é fomentar a interrelación entre as diferentes entidades culturais. É optimista con respecto ao novo Goberno municipal, que, pensa, ten “intención de facer cousas novas” pola súa base ideolóxica.

►Ana Fernández, directora de actividades de Xacarandaina. Para a directora de actividades de Xacarandaina, Ana Fernández, o reto da Coruña é “dar a coñecer máis a cultura tradicional galega”, que leva “moitos anos de atraso” con respecto a outros sectores do ámbito cultural. A oferta cultural da cidade “non é inmellorable”, e o ámbito de actuación do colectivo, a música e o baile tradicionais, “non foron ampliamente promocionados”. Bota en falta máis infraestruturas de ensaio e actuacións facilmente accesibles, e unha programación cultural no eido do folclore que sexa “máis continua ao longo de todo o ano”.

A oferta cultural, considera Fernández, é accesible aos coruñeses, pero “non todo o que quixéramos”, especialmente na música e baile galegos. Sobre a crise, recalca que o sector cultural “nunca tivo demasiado, aínda en épocas de maior bonanza”, e sostén que en Xacarandaina ás veces tense a sensación de que “os entes públicos escúsanse nas dificultades económicas para recortar”. Ante a diminución de achegas do Concello e a Xunta, a súa asociación sobrevive sobre todo impartindo clases e co apoio dos seus preto de 1.000 socios. Fernández opina que o novo Goberno municipal “seguirá traballando pola nosa cultura tradicional”. A súa asociación agarda “poder sentarse a falar” co Concello no futuro.

Felipe SenénVe os próximos catro anos como unha oportunidade de revitalizar a actividade cultural e o papel do patrimonio histórico que conserva a cidade, especialmente daquel que se atopa oculto entre catro paredes. Ao seu xuízo, a política municipal das últimas décadas consistiu en apostar por “museos comprados por catálogo”, como os científicos, mentres que outros espazos como o Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón ficaron “metidos en formol”.“Que só contemos cunha sala sobre a figura de Luis Seoane, co que representou na normalización cultural de Galicia, di moito de como están as cousas”, alega Senén.

O presidente da entidade tamén critica o estado en que se atopa parte do patrimonio que alberga o Real Consulado do Mar, en Panaderas, ou toda a obra de Salvador de Madariaga con que conta o Instituto Cornide, e chama á Administración a facer “máis accesibles as tripas” dos museos da cidade. “Podíamos tomar exemplo do Museo de Pontevedra, onde un pódese pasar un día enteiro descubrindo todo o que alí se conserva”, recalca.

Sobre os efectos da crise nas entidades culturais, Senén amósase optimista e considera a falta de fondos, ao contrario do que se poida pensar, “mobiliza a creatividade”. “Nos momentos máis difíciles da historia emerxeu a cultura creativa. Até agora, moita asociación tamén viviu dopada en base a subvencións públicas e iso foi un corsé á liberdade”, asegura.

Senén cre necesario un cambio no xeito de relacionarse do Concello coas entidades culturais de base e considera que o cambio de Goberno municipal, co cambio xeracional que trouxo, pode axudar nesta cuestión. “Até agora había moita burocracia e pouca cercanía á hora de relacionarse coa administración. Ten que haber un diálogo máis fluido co asociacionismo de base”, afirma.

Miguel ZeladaAtraviesa momento difíciles este grupo aunque afronta el futuro con esperanza. La falta de ayudas municipales en los últimos años y el descenso en el número de socios ha obligado a su presidente, Miguel Zelada, a hacer malabarismos contables en los últimos años. Con un cambio de local por el medio -pasaron de Riego de Agua a la calle de la Franja-, son optimistas y confían en que la buena sintonía con el nuevo Gobierno municipal se traduzca en ayudas para revitalizar la actividad. “Queremos que nuestro local acoja más actividades además de exposiciones, como ocurrió durante nuestros más de 80 años de historia”, afirma Zelada.

Durante tres años de Gobierno de Carlos Negreira, el Concello suprimió las ayudas concedidas y no fue hasta este 2015 que las recuperaron. “Y esperamos que eso se mantenga, es el compromiso al que llegaron”, apunta el presidente. Pero además de mediante fondos directos, el presidente de la Asociación de Artistas confía en que el Concello pueda ceder puntualmente algunos de los locales e instalaciones con que cuenta para proyectar a pequeños creadores de la ciudad.

Manuel Quintana MarteloA austeridade foi o grande inimigo da Real Academia Galega de Belas Artes durante os últimos anos e será o obxectivo a bater no futuro. Así o recoñece o presidente da institución, Manuel Quintana Martelo, que afirma que todo o “capital humano” con que conta a entidade non pode ser aproveitado ante a falta de recursos económicos e físicos. “Estamos confinados no Real Consulado do Mar cando requeriríamos un espazo suplementario para divulgacións ou exposicións dos nosos recursos patrimoniais”, recalcou.

Quintana Martelo, con todo, considera que a cultura da cidade mantén un bo estado de saúde e conta coas infraestructuras suficientes para poder proxectala. “Non é cuestión de construir máis edificios culturais. Aquí xa houbo bastante tradición de converter en museo ou centro expositivo moitos edificios antigos que eran rehabilitados. Hai suficiente espazo pero o problema é que non haxa contido para todos eles”, recalcou.

A entidade traballa nun proxecto de exposición sobre a obra de Mestre Mateo no Museo do Prado. Unha iniciativa que, ao seu xuízo, proxectaría a cultura galega. “Pero para iso fai falta financiamento”, asegura.

Xosé Manuel Sánchez ReiPara o presidente da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, un dos retos que afronta a cidade nos próximos anos é o de facer aflorar a actividade cultural de base, a que se crea día a día nos barrios da man de asociacións culturais ou de veciños. “Hai unha cultura moi viva e variada e o Concello ten a responsabilidade de proxectala”, afirma o portavoz da entidade.

Aínda que se mostra máis esperanzado con este Goberno que co anterior, Sánchez Rei considera que o novo equipo municipal debe afondar nos cambios á hora de fomentar a cultura galega, polo menos en base ao feito nos 100 primeiros días de mandato. “Nas festas de María Pita só dous grupos de música cantaron en galego mentres que o resto era eran españois. Quedamos un pouco desilusionados e confiamos en que cambie no futuro”, manifestou.

A relación entre a súa asociación e o Executivo de Carlos Negreira, a quen acusa de rachar “unilateralmente” todo tipo de colaboración logode chegar a María Pita, non foi a mellor. Por iso, confía en que co cambio de poder se retome o apoio económico á entidades culturais históricas da cidade como a súa, que xa acumula 40 anos de actividade.

Marité CoresLa coordinadora del área de Cultura de Afundación, Marité Cores, destaca las “grandes inquietudes” del público coruñés y asegura que es participativo, por lo que son los agentes culturales los que le han de dar “respuesta a esa demanda”.

“Es indudable que en los últimos años se han producido cambios relevantes, en el aspecto económico, pero también en nuestro modo de vida en general, las nuevas tecnologías han modificado la oferta de ocio y nuestro modo de acercarnos a él y, sin ninguna duda, este es el gran reto que tenemos por delante todos los que trabajamos en este campo: tener presente la innovación, manteniendo la esencia de la cultura pero ofreciendo alternativas diferentes en cada propuesta que se diseña”, explica Marité Cores, que considera que la ciudad “está preparada para el reto”.

“¿Deficiencias? ¿Más inversión? Siempre tenemos que pedir más, querer una oferta más amplia. Partiendo de esa premisa, nuestra obligación es aprovechar al máximo los recursos disponibles para ofrecer la mejor programación posible”, comenta sobre la necesidad de aumentar el presupuesto dedicado a cultura.