PÁXINAS

miércoles, 11 de octubre de 2017

Representación da Escola de Baloncesto Galén Ensino na final da copa Galicia

O pasado domingo 8 de Outubro o equipo junior de Ensino disputou a fase final da copa Galicia chegando a xogar a final contra o Celta de Vigo que finalmente proclamouse campión desta edición. 

Nestes encontros tivemos unha representación fantástica de tres xogadoras que se formaron na escola de baloncesto Galén durante moitos anos. Maite Franco, Natalia Martínez e Carmen Leboreiro. 
 

Un paso mais na súa progresión!! 

Este ano compaxinarán duas categorías moi esixentes como son a cadete de liga galega e a cateoría junio provincial e junior galega. Un ano para disfrutar e seguir acadando experiencias deportivas e extradeportivas para a súa formación 

Estamos orgullosas de vos!! seguide a traballar como sempre o fixéchedes!! 

Aquí vos deixo o enlace da final contra Celta, un encontro onde as nosas xogaron bastantes minutos. 

Disfrutade!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario